A implantación dun novo sistema de xestión bibliotecaria, que permitirá aos usuarios por vez primeira e cun único carné acceder aos servizos de todas as bibliotecas integradas neste programa conleva unha serie de cambios a nivel interno, na organización e xestión das propias bibliotecas, pero tamén a necesidade de modificar o carné co que actualmente realizan os seus préstamos os propios usuarios.
Por este motivo, dende este servizo fan un chamamento aos socios, tanto adultos como infantís, a que pasen polas bibliotecas de Redondela e Chapela para proceder a esta actualización.