Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes celebra a tradicional procesión marítima do Carme

RR_Noticias

Os devotos da Virxe do Carme a pique estiveron este ano de quedar sen festas en Cesantes porque ata hai dous meses non había xente que se fixera cargo da Comisión. Ante esta situación e para non perder a celebración máis importante da parroquia, os membros da Comisión de Festas de San Pedro decidiu asumir a responsabilidade de organizar tamén estas festa nun tempo record. O resultado:  un programa de actividades festivas e relixiosas que arrancarán na tarde do venres e que vivirán na tarde do sábado unha das citas máis arraigadas nas poboacións mariñeiras, a procesión marítima.

En tan só dous meses lograron pechar un programa que se desenvolverá dende mañá venres ata o domingo con citas relixiosas, verbenas e propostas para os máis pequenos. Así o día 14 as actividades arrancará ás 17:00 horas “É un día pensado para o público familiar” explica a presidenta da Comisión, Beatriz Rodríguez”comezaremos cunha festa infantil, haberá obradoiros e exhibicións de baile e música co grupo Airiños da Peneda e unha noite amenizada polo DJ Rodri Veas e o grupo Raúl&Cía”. O sábado a verbena estará amenizada polas orquestras Costa Oeste e Foliada e o domingo Garibaldi e La Ricura. Con todo, unha das citas máis salientables e´a procesión marítima que congrega ao redor dun milleiro de persoas. Unha treintena de embarcacións co “Colomba” ao fronte participarán desta procesión polo mar que partirá ás 17:30 horas e que conta cunha gran tradición nunha parroquia de mariñeiros. “Un dos motivos que nos levou a tomar o mando da comisión foi precisamente para celebrar esta procesión”. Unha procesión na que a imaxe da virxe lucirá un renovado manto. Trátase dunha peza única encargada pola Comisión de Festas e elaborada integramente con motivos mariñeiros. Este manto ven substituír o que a Virxe luciu nos últimos 32 anos e que segundo explican xa estaba un tanto deteriorado.  

Beatriz Rodríguez presidenta da Comisión
Un programa familiar no que se inclúen citas relixiosas e festivas
Procesión marítima
Unha cita con moitisima devoción na parroquia
Manto da Virxe
Novo manot para substituir ao anterior que tiña 32 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará