O equipo de Redondela comezará a pretemporada o vindeiro mércores 19 de xullo e ten previsto disputar sete partidos amigable ata o inicio de curso en Terceira División o domingo 20 de agosto. Dos partidos programados por Marcos Montes, destaca os enfrontamentos ante Coruxo e Rápido de Bouzas, de Segunda B, e o Pinto madrileño.
O primeiro encontro ante un dos equipos de especial fortaleza chegará pronto, na primeira semana de adestramentos co choque ante o Rápido de Bouzas en Redondela o sábado 22. Será un partido clásico ante un equipo boucense que estrea tempada este ano na Segunda División B. A partir de aí, a formación de Redondela encadeará encontros mércores e fin de semana ata o inicio da competición oficial. Alerta, Caselas, Porriño, Pinto, Coruxo e Atios serán os rivais do Choco.
Nestes nomes destaca a visita do Pinto, do grupo da Terceira de Madrid, que estará en Redondela o vindeiro sábado 5 de agosto. Uns días despois, o Coruxo será o equipo que visite Santa Mariña. O partido é o mércores 9 ás 21:00 horas. O último encontro será ante o Atios a domicilio, o equipo porriñés de Preferente, moi reforzado, será unha gran proba antes do inicio do curso.
Choco-Rápido de Bouzas, sábado 22 de xullo (20:00 horas)
Choco-Alerta, mércores 26 de xullo (20:00)
Caselas-Choco, sábado 29 de xullo (20:00)
Choco-Porriño, mércores 2 de agosto (21:00)
Choco-Pinto, sábado 5 de agosto (20:00)
Choco-Coruxo, mércores 9 de agosto (20:30)