Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de compost, borralleiros e funís para a reciclaxe de aceite

RR_Noticias

O concello reparte na xornada de hoxe, entre as 10:30 e as 13:30, mostras de compost a todas aquelas persoas que están a participar da compostaxe comunitaria que se desenvolve na zona do Salgueiral. O reparto repetirase na xornada de mañá durante a celebración da feira co obxecto de concienciar aos veciños dos beneficios de reciclar os residuos orgánicos dos nosos fogares.

O proxecto de compostaxe comunitaria no Salgueiral iniciouse no mes de novembro e contou coa participación, implicación e sensibilidade de varias persoas desta zona que están concienciadas á hora de xestionar a fracción orgánica dos residuos que xeran nos seus fogares. O resultado é a obtención dun compost de calidade que serve como nutrinte e substrato fértil para as hortas, xardíns ou macetas.
Dende a concellería de Medio Ambiente entregarán tamén uns funís para a reciclaxe de aceites de cociña e uns cinceiros portátiles para praia e campo, para evitar a importante contaminación que provocan tanto o aceite que tiramos polas pías, como as cabichas cando se tiran ao chan, ríos ou praias.
Para a entrega do compost, será necesario que as persoas traian un recipiente para levalo, sexa unha bolsa, caixa, caldeiro……
Por outra banda, o día 21 (feira en Redondela), tamén entre as 10:30 e as 13:30, farase entrega á veciñanza de mostras de compost para concienciar a cidadanía da necesidade de xestionar por nós mesmos a materia orgánica que xeramos. Todo o residuo orgánico que estamos a tirar nos contedores de lixo ten como destino a incineración co conseguinte custe económico e impacto medioambiental que iso conleva. Xestionar os residuos orgánicos alí onde se producen, nos nosos fogares, é a mellor maneira de minimizar custes, impacto ambiental e de conseguir un produto útil, valioso e de calidade como é o compost. Pasamos de ter un residuo a obter un produto, sen custes e sen contaminación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará