Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“De Cárcel en Cárcel”, memorias dun xornalista encarcerado en San Simón

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunquiera acolle hoxe venres ás 20:00 horas a presentación do libro de Diego San José represaliado polo réxime franquista e cuxa defensa da legalidade republicana levouno a estar encarcerado en diferentes penais, entre eles a Illa de San Simón. Na presentación intervirán Verónica Sierra, Domingo Rodríguez Teijeiro, Montserrat Fajardo e Manuel Puga Pereira.

O escritor e xornalista Diego San José (Madrid, 1884-Redondela, 1962) foi unha de tantas vítimas do franquismo e máis concretamente do Xulgado Especial de Prensa (1939-1941). Condenado a morte por ter colaborado na prensa do Madrid sitiado polas tropas de Franco, a súa traxectoria de cárcel en cárcel durante a posguerra foi recollida nunha memorias que veñen de ser reeditadas pola Editorial Renacimiento.
Un texto no que se recollen os anos pasados por San José en diferentes penais, entre eles a propia Illa de San Simón, onde permaneceu durante catro anos. O autor relata a represión á que foron sometidos os xornalistas e outros presos penados por defender a legalidade republicana.
Na presentación, que se levará a cabo no Multiúsos da Xunqueira,intervirán a mestra de Literatura na Universidade de Alcalá de Henares, Verónica Sierra, o tamén mestre de Historia na Universidade de Vigo, Domingo Rodríguez Teijeiro, a escritora e xornalista Montserrat Fajardo e o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga Pereira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará