A compañía FusionArte presenta este sábado ás 20:30 horas en Chapela o espectáculo “A Peregrinaxe da Vangarda. A Ceo Aberto”, unha proposta enmarcada dentro do programa Cultura no Camiño que se desenvolve en diferentes localidades polas que pasan as rutas Xacobeas.
A proposta que se poderá ver completamente de balde na Alameda de Chapela é unha adaptación ao aire libre dun espectáculo creado por Ángeles García no qu a música en directo e a fusión de diversos estilos de danza como a clásica, o flamenco ou a danza contemporánea ao aire libre son os elementos fundamentais. Nesta versión da Peregrinaxe da Vangarda, a musa-bailarina (Maria Ah!) guía ao músico-peregrino (Álvaro Muras) polos camiños da fusión e o contacto coa natureza nunha experiencia que cambiará a vida de ambos.