Actuación da fadista portuguesa María do Ceo dentro da programación de verán do Concello de Soutomaior. A actuación terá lugar ás 23:00 horas na Alameda de Tallo Río con entrada de balde.
Os amantes da música portuguesa e máis concretamente do fado teñen a oportunidade de asistir a este concerto no que María do Ceo ofrecerá unha escolma da súa música. Considerada unha fadista tradicional, polo que nalgúns medios de comunicación xa a cualifican como a sucesora de Amalia Rodrigues, tanto no estilo, como na interpretación, Maria do Ceo cando canta transmite melancolía, dozura, paixón, tenrura, todos os ingredientes para ser unha boa interprete de fado.
Pero Maria do Ceo non só canta fado, tamén achegará ao publico outros temas da súa discografía como os boleros que na súa interpretación nos lembran á gran Chavela Vargas.