Os amantes da música, a natureza e a saúde teñen unha cita do 28 a 30 de xullo en Fornelos de Montes co festival “Presencia y sonido” que organiza a asociación Serhacer. Unha iniciativa dirixida a gozar desta espectacular contorna natural en familia, no que as distintas xeracións compartirán música, danza, talleres de ioga, taichi, risoterapia, conferencias relacionadas coa saúde e o benestar, ademais dun mercadiño de produtos ecolóxicos.
A cita está organizada pola asociación Serhacer, por un colectivo de terapeutas e músicos que elaboraron un amplo programa de actos no que as actividades ao aire libre centran o protagonismo. Ademais os asistentes terán a opción de quedar acampados na zona durante o tres días nun recinto habilitado polo Concello de Fornelos xunto ao río, onde os participantes poderán refrescarse e gozar da contorna. As actividades arrancarán na tarde do venres 28 con obradoiros de risoterapia, a conferencia “O poder da medicina natural” e Ioga. Haberá un obradoiro de danzas do mundo e outro de tambores tibetanos. O sábado e domingo as actividades desenvolveranse ne horario de mañá e arde con propostas vencelladas coa saúde e as terapias alternativas así como un roteiro pola contorna do paseo fluvial. As persoas interesadas en participar poden realizar os seus reservas no teléfono 622093532 ou en www.serhacer.org. O prezo é de 60 eruso os adultos, gratuíto para os nenos menores de 14 anos.