Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Oito equipos loitan por facerse co XLIII Mundialito da Xunqueira

RR_Noticias

Logo de tres semanas de competición o Mundialito entra na súa fase final. Tan só quedan oito dos vintecatro equipos que comezaron esta edición e que esta semana medirán as súas forzas para facerse un oco na final que se disputa o vindeiro sábado. Entre estes equipos atópase o actual campión do torneo Reformas Cobi que tentará revalidar o título con conxuntos que tradicionalmente forman parte deste selecto grupo como Royal  Picasso,Rodavigo, Aquelarre ou Os Viaductos no que milita o ex xogador do Gran Canaria Juan Puertas. A eles súmanse o Marcón Arena, A casa de Miii e O equipo do Ferreiro.

Hoxe mércores disputaranse os partidos de cuartos de final cos seguintes horarios 20:30 Marcón Arena-Casa de Miii 21:00 Os Viadutos- O equipo do Ferreiro 21:30 Café Royal Picasso-Pub Aquelarre 22:00 Redovigo-Reformas Cobi Encontros nos que se decidirá que equipos pasan ás semifinais, que se xogarán o xoves. Xa o sábado a Pista da Xunqueira acollerá a esperada final do torneo, un partido que previsiblemente chegará precedido por un encontro de veteranos, no que poderemos ver a xogadores clásicos deste torneo. A directiva do club Redondela F.S., organizador do evento, agradece a participación a todos os equipos que un ano máis sumáronse a esta cita deportiva así como aos colaboradores e público que día tas día ateiga as bancadas na pista da Xunqueira.  

Fran Iglesias Redondela F.S.
Moitos equipos e moito nivel nesta edición
Partido de veteranos
Unha final precedida por xoggadores clásicos do torneo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará