Con esta comparación o concelleiro de Medio Ambiente quere deixar claro que a día de hoxe o baño neste areal de Chapela está exento de calquera risco para os bañistas. Unha afirmación que o edil fai botando man das últimas análises realizadas o pasado 11 de xullo e que determinan que a presenza das bacterias Escherichia coli e Enterococo son practicamente inexistentes.
Alvarez Ballesteros explica que a cualificación que outorga a Axencia Europea de Medio Ambiente responde ás análises dos últimos catro anos nos que recoñece “producíronse verteduras puntuais que deixaron resultados moi negativos chegando incluso nalgunha ocasión a ter que izar a bandeira vermella e pechar o areal”. Unha situación que a día de hoxe está resolta ao 90% “nunca podemos desbotar que se produza un accidente, pero as actuacións realizadas ao longo do último ano, eliminando puntos de vertido e intensificando as obras de saneamento na zona, eliminaron practicamente o problema”.