Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela convoca unha concentración contra a violencia de xénero na Praza da Constitución

RR_Noticias

O Concello de Redondela fai un chamamento aos veciños para participar hoxe luns, ás 20.30 horas, nunha concentración na Praza da Constitución en contra da violencia de xénero. Nesta iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller, a lectura do manifesto correrá a cargo da Asociación Cultural de Cidadelle.

No Consello Municipal da Muller participan distintos colectivos de mulleres, partidos políticos e sindicatos, e o seu obxectivo é aumentar a visibilidade deste tipo de violencia machista e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller “depende de todos”. Co acto desta tarde queren amosar “a repulsa” da cidadanía de Redondela cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará