Os socialistas advirten que a construcción, situado na entrada da autoestrada en Chapela, é ilegal non só pola elevada altura, senón porque tamén está afectada pola proximidade do río e da AP-9. Denuncian que coa compra o PP non pretende beneficiar aos colectivos da parroquia, senón pagar “débedas persoais”.
O grupo municipal do PSOE advirte que no pasado mandato, o PP de Redondela xa pretendeu mercar o edificio, e lamentan que agora utilice “a presión” sobre os colectivos para apoiar unha iniciativa “impulsada por eles dende un principio”. Advirten que o caso se remonta á moción de censura promovida polo PP en 1996, cando un dos tránsfugas “estaba vinculado a dito edificio”. Finalmente conseguiron, cos votos do PP e dos tránfugas, unhas modificacións no PGOU en 1997. Dende o PSdeG-Redondela critican que o PP levara ao Consello Parroquial de Chapela a adquisición deste edificio por parte do Concello, para uos sociais. Advirten que se trata dunha proposta “sen estudos previo” mentres os informes existentes no concello apuntan “a ampla ilegalidade do edificio”. Rexeitan os argumentos do PP, que limitan a ilegalidade do edificio a un exceso de altura, e advirten que a construcción é ilegal tamén pola cercanía do río e a autoestrada. O edificio está afectado por tres organismos: Urbanismo do Concello de Redondela, Augas de Galicia da Xunta e Ministerio de Fomento, pola proximidade da AP-9. Denuncian desde o PSdeG que ao PP de Redondela “non lle interesa a defensa dos colectivos da parroquia”, senón que só pretenden pagar “débedas persoais”.