Ponteareas será o primeiro destino do Choco este domingo, na arranque da temporada 2017-18 en Terceira División. As saídas de xogadores importantes levaron ao club a reforzarse con novas fichaxes que compensan xuventude con veteranía nun mercado no que as fichaxes “se dispararon”.
O presidente do club, Iván Crespo, afirma que este verán estivo marcado polo incremento no prezo dos xogadores. O club fixo un esforzo por manter o bloque da pasada campaña, pero non puido evitar a saída de figuras como Silva, fichado polo Coruxo de Segunda B. O equipo reforzouse con xogadores veteranos como o redondelán Pablo Couñago ou Rubén Comesaña, pero tamén con novos talentos como Antón Escobar, Ricar ou “Chiqui”. Crespo fala dun equipo “ben compensado” xa que reúne a experiencia dos xogadores que serán un referente no vestiario, coas “gañas e a fame” dos máis novos, que buscan medrar e facerse un oco na categoría. O equilibrio do equipo quedou demostrado na pretemporada, con victorias sobre o Coruxo, o Atios e o Atlético Pinto. O s resultados levan ao presidente a confíar en que o Choco “volverá a ilusionar” esta temporada, a quinta consecutiva do equipo en Terceira División. Con todo, o obxectivo do club seguriá a ser a permanencia, polo que agardan sumar canto antes os 50 puntos que lle dean “a tranquilidade da salvación” antes de falar doutras metas “máis ambiciosas”. Queren ir “partido a partido”, e o primeiro paso será o encontro deste domingo en Ponteareas, ante un recén ascendido. Crespo confía en que, ao ser un dos desprazamentos máis curtos, a afección redondelá se desprace co equipo para apoialos na estrea de liga, xa que unha victoria é “fundamental” para comezar ben a competición “e dar seguridade” ao equipo de Marcos Montes, apunta o presidente. O partido será ás 19.00 horas no estadio da Lomba.