Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior demanda melloras en Arcade de Arriba con cargo ao Plan Concellos

RR_Noticias

O grupo municipal do bloque denuncia o estado de abandono do barrio, e lamenta “o estado de deterioro” de lugares “emblemáticos” da zona como a Praza da Aldea ou o mirador de Porta Regueira. O edil Manu Lourenzo insta tamén ao goberno local a executar as beirarrúas en Arcade de Arriba.

BNG de Soutomaior rexistrou unha iniciativa para a recuperación do Barrio de Arcade de Arriba. Na moción rexistrada os nacionalistas propoñen diversas actuacións “que rematen coa situación de abandono deste barrio por parte do goberno local”. Sinalan que se trata dunha zona tradicional da parroquia “cun gran potencial”. Lourenzo sinalou que no vindeiro pleno demandarán ao goberno local que execute as beirarrúas de Arcade de Arriba “que os veciños levan demandando case unha década”. A proposta do BNG contempla tamén un acordo para a recuperación da praza da Aldea e do mirador de Porta Regueira, lugares “emblemáticos” de Arcade de Arriba. Demandan a súa mellora e a dotación de mobiliario urbano. O Bloque sinala que esas obras poden facerse a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra “que xa serviu para recuperar a fonte dos Pereiros”. Lourenzo anunciou tamén que no BNG tens moi avanzado o “Plan Barrios de Soutomaior”, un documento con diversas propostas e iniciativas encamiñadas a dinamizar e poñer en valor os barrios do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará