O Campo Municipal de Salgueirón, en Arcade, acolle o domingo o XXXVIII Trofeo da Ostra de Fútbol. Comezará ás 17.00 horas co encontro o Arcadia E.F e o SCD Pontecaldelas. Na categoría feminina enfrontaranse o C.D. Arcade e o Pontevedra B.
As xogadoras do equipo locais inician esta tempada cun novo adestrador na 2ª autonómica galega, e son favoritas para lograr o ascenso á máxima categoría do futbol feminino galego. Ás 19.00 horas é a quenda para o equipo masculino do C.D.Arcade que se enfronta ao Pontevedra C.F. “B” con miras a unha nova tempada onde se tentarán consolidar na 2ª autonómica coa axuda das novas fichaxes desta tempada. Un ano máis os equipos locais teñen a intención de que o trofeo quede na casa, xa que é un dos mais antigos e prestixiosos torneos de verán da bisbarra.