Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Benestar Social pon en marcha os cursos de Tai Chi, Alfabetización e Memoria Cognitiva

RR_Noticias

A partir do día 1 de setembro o departamento que dirixe Camen Amoedo abre o prazo de matrícula para as actividades de Tai Chi, Alfabetización e Educación Secundaria para adultos, así como o de Memoria Cognitiva, para exercitar e potenciar a memoria.

Ata o 22 de setambro os redondeláns poderán inscribirse no curso de Tai Chi, unha actividade aberta a veciños de todas as idades. Segundo explica Amoedo, un bo xeito de “poñer sen forma” ademais de gañar en flexibilidade. O Tai Chi ten tamén unha parte psicolóxica, xa que “reduce os niveis de estrés e ansiedad” cos exercicios de respiración que realizan. Esta actividade realizarase ademais de en Redondela en distintas parroquias como Chapela, Cabeiro, O Viso, Reboreda e Saxamonde. Tamén en setembro se abre o prazo de inscrición para o Curso Alfabetización e Educación Secundaria Obligatoria. Con esta actividade se lle da formación ás persoas de Redondela que abandoaron os seus estudos por diferentes motivos e que agora deciden retomalos. Moitos dos alumnos destes cursos son usuarios do departamento de Servizos Sociais, pero a matrícula está aberta á poboación en xeral. Tamén se forma ás persoas que se queiran presentar aos exames oficiais para obter o título de Educación Secundaria de Adultos (ESA). O terceiro dos cursos é o de Memoria Cognitiva. Esta actividade ten como finalidade “exercitar e potenciar a memoria e estimular a concentración, para evitar o deterioro cognitivo”. Amoedo explica que non hai un límite de idade mínima nin máxima para participar, se ben está especialmente dirixido a persoas maiores ou xubilados que queiran seguir mantendo “unha mente activa”. Poderán participar ata un total de 125 persoas que se distribuirán en cinco grupos nas parroquias de Redondela e Chapela. Para máis información sobre os cursos poden acudir á páxina web do Concello, as oficinas de Servizos Sociais ou chamar ao teléfono 986402608.

Carmen Amoedo concelleira de Benestar Social
O curso de Tai Chi está dirixido a veciños de todas as idades.
Cursos de alfabetización
A maioría dos alumnos son usuarios de departamento de Servizos Sociais.
Exercitar a memoria
O curso de Memoria Cognigtiva serve para manter a mente en forma e estimular a concentración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará