O equipo feminino do Club de Remo Chapela xa está camiño de San Sebastián. Sairon esta mañá para participar na Bandeira da Concha, a máis importante das que se celebran en territorio estatal. Serán en total 13 tripulacións femininas as que participarán na clasificatoria na tarde do xoves, entre elas as galegas Mecos-Riveira, a Cabana-Ferrol e Cabo.
Logo de acadar o bronce no Campionato Galego Feminino de Trañeiras, o equipo de Chapela viaxa a Euskadi para participar na Bandeira da Concha, todo un “agasallo” para as deportistas, como explica o presidente do club, Julio Prado. Vivirán en Donostia a máis grande festa do remo a nivel estatal. Un total de oito traiñeiras loitarán pola Bandeira a partir do día 3 de setembro. Este xoves dispútase a clasificatoria, ás 17.30 horas na modalidade feminina e ás 18.00 horas na masculina. O C.R. Chapela compite no grupo B xunto a Cabana-Ferrol, Cabo, Deusto-Bilbao, Lea Artibai-Cikautxo, Portugalete, e Castrexa. No grupo A remarán Arraun Lag. Donostia, Mecos-Riveira, Hernani-Iparragirre, Hibaika-Ancín, Orio-Babyauto e San Juan-Iberdrola. As regatas finais, con dúas quendas de catro tripulacións cada unha, terán lugar os domingos 3 e 10 de setembro, ás 11.00 horas (modalidade feminina) e ás 12.00 horas (modalidade masculina).