Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova entrega de composteiros para animar a reciclaxe doméstica

RR_Noticias

A Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración con SOGAMA, fará entrega en breve dunha nova partida de composteiros domésticos co fin de seguir o programa de reducir a cantidade de restos orgánicos xerados nos domicilios. O obxecto é evitar que este lixo vaia parar ao colector verde e deste xeito baixar o número de toneladas que a diario se levan incinerar. Os interesados deben solicitalo no departamento de medio Ambiente (986 400 300) ou no enderezo medioambiente@redondela.gal.

Explican dende o departamento de Medio Ambiente que con estas accións preténdese varios propósitos como son a baixada do custo de máis dun millón de euros que asume cada ano o concello, manter o prezo que se aplica aos cidadáns por este servizo, a mellora do medio ambiente no sentido máis amplo das súas vantaxes e a creación dunha compostaxe natural, gratuíto e ecolóxico para autoconsumo, entre outras moitas vantaxes
Os interesados en recibir un composteiro para este fins teñen que reunir unha serie de requisitos como son o estar empadroado en Redondela, non recibir ningún composteiro anteriormente por parte do concello, participar na charla de formación que impartirán técnicos de medio ambiente de Sogama e do concello e aceptar a que se faga un seguimento e asesoramento por parte dos técnicos do concello nos domicilios onde estean instalado o compostero.
As persoas interesadas deben anotarse previamente enviando un correo electrónico a medioambiente@redondela.gal ou chamando ao 986-400300. A reserva farase por rigorosa orde de chamadas ou recepción do correo electrónico.
O día da entrega dos composteiros e asistencia á charla formativa sobre compostaxe comunicarase persoalmente a cada un dos interesados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará