Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola AP-9 retoman as mobilizacións en Chapela

RR_Noticias

Logo dun mes de descanso, os afectados volven a rúa para que ninguén esqueza as súas demandas: a reposición de servizos, mellora de camiños, expropiación das vivendas aínda pendentes do seu futuro e a convocatoria da Comisión de Seguimento, que leva seis meses sen reunirse.

Mañá martes os veciños volverán saír a rúa. Concentraranse diante do Centro de saúde entre as once e as doce do mediodía, retomando así as protestas que paralizaron momentaneamente durante o mes de agosto. Insisten na necesidade de seguir na rúa para que as súas demandas non se esquezan. Por ese motivo, as concentracións repetiranse todos os martes e xoves con lixeiros cambios na súa ubicación, pero sempre no centro da parroquia para seren máis visibles. Entre as reclamacións que fan neste inicio do curso é a convocatoria da Comisión de seguimento e “que leva sen reunirse dende o pasado mes de marzo, malia o compromiso de que se volvería convocar para un mes despois”. Nos últimos tempos houbo avances nalgunhas cuestións, como a decisión de Correos de axilizar a busca dun local alternativo que permitiría a súa saída do edificio que ocupan actualmente “os responsables da empresa foron ver varios locais e están pendentes de elixir un ao que se trasladar o que permitirá derrubar o edificio actual e ampliar a estrada do torreiro”. Tamén parece que o actual transformador nas inmediacións da autoestrada será historia en breve, xa que será desprazado uns 50 metros e soterrado, o que mellorará a estética do lugar. Con todo, as reivindicacións non acaban aí polo que reclaman que se reúnan a Comisión de Seguimento canto antes para abordar os asuntos pendentes.  

Rafael Baltasar Afectados AP-9
As protestas repetiranse cada martes e xoves
Comisión de seguimento
Leva sen reunirse dende hai seus meses

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará