Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina arqueolóxica e contacontos “O eco das pedras”

RR_Noticias

A Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén organiza este sábado día 9 unha actividade orientada a público familiar que inclúe unha andaina pola senda arqueolóxica de Amoedo guiada polo divulgador Xosé Lois Vilar e un contacontos a cargo de Raquel Queizás. A actividade arrancará ás 20:00 horas na Casa Cultural de Amoedo e aconséllase inscrición previa no teléfono 986 498 934 en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Baixo o nome O Eco das Pedras, a biblioteca municipal de pazos organiza este experiencia que quere ser por unha banda unha actividade de promoción da lectura pero tamén un xeito de poñer en valo o importante patrimonio arqueolóxico existente neste concello malia o seu descoñecemento. Unha proposta que arrancará ás 20:00 horas na Casa Cultural de Amoedo onde o arqueólogo e divulgador Xosé Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos, introducirá aos particpantes no mundo da arte rupestre galega cunha pequena charla que conxugará arqueoloxía con grandes doses de humor e retranca. Logo da charla realizarase unha pequena andaina pola Senda Arqueolóxica de Amoedo, senda situada nunha zona considerada como unha das mellores e máis importes da arte rupestre do sur de Galicia e dunha inmensa riqueza arqueolóxica e etnográfica como dá conta o seu foxo do lobo ou as construcións do ciclo da auga. Ao final do percorrido terá lugar no Carballo de Martiz o espectáculo “O eco das pedras” da actriz, filóloga e sobre todo contacontos Raquel Queizás patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do seu programa do Ano Patrimonio. Dende a organización recoméndase a todos os que queiran gozar da experiencia levar unha lanterna que permitirá ver con maior precisións os petróglifos e os gravados nas pedras, un calzado axeitado para andar polo monte, chaqueta de abrigo e pantalón longo.  

José Manuel Soto responsable da biblioteca
A actividade arrancará cunha charla
Contacontos con Raquel Queizás
Un contacontos ao pé do Carballo de Martiz

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará