As obras máis importantes das efectuadas no noso concello afectan ao colexio de Laredo en chapela no que se acometeron diversas actuación por valor de 92.545 euros. Tamén en Chapela o seu instituto favoreceuse dunha actuación encamiñada a mellorar a instalación de fontanería pro valor de 36.714 euros. Pola súa banda no Colexio Santo Paio de Abaixo acometeuse a reforma dos aseos cun investimento de 22.026 euros.
Obras menores as acometidas noutros dous centros do concello. Por unha banda 7.849 euros para melloras varias no IES Mendiño e unha achega de 1.411 euros que se destinou á reparación da cuberta do colexio Quintela.