Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello negociará a cesión do terreo e vivendas escolares do Colexio Igrexa para uso dotacional

RR_Noticias

A proposta, aprobada onte en pleno cos votos a favor da oposición e a abstención do PP, partiu dunha moción do BNG. Malia que os nacionalistas propuñan inicialmente que se solicitase a cesión de todas as edificacións existentes no solar do colexio de Chapela, finalmente aprobouse que a negociación con Fomento e Audasa xire exclusivamente en torno ao terreo e as vivendas escolares, ao considerar o resto dos grupos que o edificio educativo non sería axeitado para albergar ningunha actividade dada a súa proximidade coa AP-9.

O BNG achegaba ao pleno de onte unha proposta para que dende o goberno se negociase a cesión dos terreos e edificación do colexio Igrexa como lugar axeitado para atender ás necesidades de locais que demandan as asociación de Chapela. Unha adquisición que segundo o Bloque suporía “custe cero para o concello” e suporía contar “con dous mil metros cadrados útiles, máis as vivendas dos mestres e mestras, que logo dunha reforma servirían para albergar locais para as asociacións, para os servizos municipais e mesmo vivendas públicas”. A proposta foi recibida con certas reticencias por parte dos grupos políticos, por entender que o edifico educativo non sería axeitado para albergar estes servizos por tratase dun inmoble afectado pola proximidade da autoestrada. Solicitaban tamén dende AER que se diferenciase entre o propio centro educativo e o resto das edificacións Dende o PSOE Eduardo Reguera sumábase a esa petición porque “se o colexio non serve para albergar as aulas tampouco é o mellor espazo ao que trasladar os colectivos”. Sumábase tamén á proposta de AER para que se solicitase a Fomento que se traspase ese terreo así como as vivendas escolares. Incidía tamén na necesidade de que na negociación se solicite a súa urbanización previa por parte do ministerio. Os populares abstivéronse nesta votación en palabras da edil Carmen Amoedo “porque esta opción xa se valorou por parte do goberno local pero decidiuse que neste intres era mellor non dar ningún paso neses sentido”, motivo polo que pediu o BNG que deixaran a proposta sobre a mesa sne que os nacionalistas aceptaran a súa proposta.  

Xoán Carlos González BNG
Propón eses espazos para dar servizos as asociacións da parroquia
Enrique Fojo edil non adscrito
Unha opción que debe ser estudada por parte do concello
Roberto Darriba AER
Solicita que se reclame só a cesión do terreo e as casas dos mestres
Eduardo Reguera PSOE
Reclamar tamén que sexa fomento quen urbanice os terreos
Carmen Amoedo PP
O concello xa formulou esa posibilidade pero entenden que este non é o momento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará