Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O espectáculo “Musicolandia, o país dos instrumentos” chega á praza da Casa da Torre

RR_Noticias

A Banda e a Escola de Música de Chapela trasladan o seu último concerto didáctico á Praza da Torre de Redondela. A actividade desenvolverase este domingo ás 19:00 horas. Unha cita musical e divertida para achegar aos máis pequenos ao mundo da música e os instrumentos. A Banda de Música de Chapela estará acompañada polo grupo de teatro Arte Pingüe.

O público infantil ten unha cita este domingo 10 de setembro, coa Banda e a Escola de Música de Chapela. Ofrecerán un concerto didáctico pensado e creado exclusivamente para os máis pequenos, un novo espectáculo cargado de música , xogos e humor. A banda estará acompañada polo grupo de teatro Arte Pingüe, que se encargará de contar todo o que alí vai acontecer, nun concerto con moitas sorpresas. Andrés Álvarez, director da Banda de Música, explica que será un xeito ameno de achegar aos máis pequenos ao mundo da música. Unha cita para nenos, nenas “e maiores acompañados” ás 19.00 horas na Praza da Casa da Torre.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará