Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno rexeita a adquisición do polémico edificio de Chapela

RR_Noticias

Os votos a favor de todos os grupos da oposición a unha moción presentada polos socialistas impedirán que se dea luz verde a unha proposta do Consello Parroquia de Chapela que formulaba a adquisición do polémico edifico da Puntela, na rotonda de acceso a AP-9 nas inmediacións do Centro de saúde. O acordo aprobado establece que o concello “non poderá comprar ningún edifico en construción que non se axuste á legalidade urbanística”.  O acordo ampliouse cunha proposta de AER que contempla que se retomen os expedientes de infracción urbanística desta edificación.

Un pleno, por algún momentos tenso, o que se vivía onte en Redondela e cuxo principal punto na orde do día xirou en torno ao polémico edificio de Chapela, unha construción sen rematar dende hai máis de 20 anos e cuxa adquisición por parte do Concello foi aprobada no Consello Parroquial de Chapela a proposta da Asociación de Afectados pola AP-9. Unha iniciativa que non será posible logo de que os votos da oposición apoiaran a moción dos socialistas nas que se establece que o Concello non adquirirá ningún edifico que non se axuste a legalidade urbanística. O socialista Leonardo Cabaleiro defendía a proposta do seu grupo argumentando que o goberno local “está a poñer por diante os intereses dos promotores do edificio cando amosa a súa disponibilidade a estudar a súa adquisición”. Aseguraba que “este movemento responde a unha débeda do PP” en referencia a moción de censura que no 1996 fixo alcalde a Amado Ricón grazas ao apoio dun tránsfuga vinculado a esta construción. Tamén de “intereses escuros” falaba o edil non adscrito Enrique Fojo, mentres que dende o BNG criticaban a “ilegalidade manifesta que quere perpetrar o PP”. Acusaba o nacionalista Xoán Carlos González ao alcalde de manipular aos veciños “xa que é competencia exclusivamente de Javier Bas a compra ou non deste inmoble” e o acusaba de estar a enfrontar aos veciños. Dende AER ampliaban a moción engadindo un segundo punto para que se retomen os expedientes de infracción urbanística que pesan sobre esta edificación. A intervención da voceira do PP, Carmen Amoedo, xirou en torno aos intentos que dende PSOE e BNG se terían feito no pasado de cara a legalizar precisamente este edificio e desvinculou este movemento da moción de censura de hai vinte anos. Finalmente a proposta saíu adiante co voto a favor dos grupos da oposición e a abstención do PP, quen argumentou esta postura alegando que “o acordo non hai por onde cóllelo xa que é evidente que o Concello non pode facer algo ilegal”. A decisión do pleno non foi ben recibida por unha parte do público, persoas vinculadas a Asociación de Afectados da AP-9 quen abandonaron o Multiúsos cunha acalorada intervención na que abroncaban aos grupos políticos da oposición.  

Leonardo Cabaleiro PP
O PSOE defende a súa proposta
Enrique Fojo edil non adscrito
Entende que detrás da intención de legalizar e comprar o edifico existen intereses escuros
Xoán Carlos González BNG
Acusa ao alcalde de manipular aos veciños para que formulen esta porposta de compra
Noé Cano AER
A agrupación de electores propón que se retomen os expedientes de infracción urbanística existentes contra esta edificiación
Carmen Amoedo PP
Os populares aseguran que nada ten que ver esta cuestión coa moción de censura que levou a alcaldía ao popular Amado Ricón
Os populares explican a súa abstención
O concello non pode facer algo ilegal
Bronca entre o público
Representantes dalgúns colectivos como os Afectados da AP-9 recibiron a decisión do pleno con apupos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará