Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os goles de Chiqui e Gándara permiten ao Choco facerse co partido en Santa Mariña

RR_Noticias

Os redondeláns venceron ao Céltiga por 2-0 nun encontro disputado no campo de Santa mariña ante uns 500 espectadores. O Choco pon así fin a súa mala racha neste comezo de tempada e logra a súa primeira vitoria  neste partido correspondente a cuarta xornada na Terceira División.

Catro xornadas foron necesarias para que o Choco lograra a súa primeira vitoria e foi este domingo ante o Céltiga. Tivo que pasar media hora de partido ata que subiu o primeiro tanto ao marcador, un gol de Chiqui que logrou encaixar na portería do rival. E pouco houbo que esperar para que se materializara o segundo e definitivo tanto do partido. Sería Gándara o que remataría un pase de Gabi Misa no minuto 33 do encontro logrando o 2-0.
Co marcador a favor, o conxunto de Marcos Montes relaxou a ofensiva e tampouco os rivais preocuparon demasiado. Na vindeira semana o Choco xoga fóra da cas, faino non campo do Arosa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará