Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior inviste 150.000 euros para arranxar as filtracións de auga no pavilón de A Montesiña

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior destinará un total de 15.000 euros para executar as obras de renovación na cuberta do pavillón municipal de deportes da Montesiña. A actuación, que será financiada a través dun convenio coa Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, comezará nas próximas semanas para garantir que a cuberta estea en perfecto estado antes da chegada do inverno eliminar as actuais filtracións de augas que se producen a través do seu tellado.

Durante as últimas semanas, traballadores municipais detectaron algunhas deficiencias na cuberta do pavillón da Montesiña que producían filtracións de auga nas zonas transparentes do tellado destinadas a proporcionar luz natural ao recinto. Danos que tras a inspección técnica localizáronse nas marxes destas zonas e foron atribuídos ao propio desgaste dos materiais polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, polo que se optou por substituír estes paneis por outros novos de maior calidade e que garantirán a estanqueidade da cuberta.
Durante o transcurso das obras de mellora desta infraestrutura deportiva, o Concello de Soutomaior e a empresa adxudicataria velarán por causar as mínimas molestias aos centos de usuarios que fan uso deste espazo de forma habitual.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará