O Auditorio da Xunqueira acolle este sábado 16 ás 20:00h o festival de habaneras con presenza das corais polifónicas de Bueu, Coral do Centro Social Rivera Atienza, a Coral da Agrupación Musical do Rosal, o coro Gli Apassionati e a coral Ondas do Mar de Vigo de Cesantes.
Un escenario que recrea unha praza de La Habana no auditorio da Xunqueira será o espazo polo que pasen máis de 200 cantantes nun festival que chega a súa quinta edición. Todo apunta a que será un éxito de público porque segundo explica a directora do coro Gli Apassionati, Nuria Lorenzo, “o tema habanera é un repertorio moi querido a nivel Galicia e España, sobre todo nas vilas costeiras coma a nosa ao recrear as vidas e experiencias dos mariñeiros e a xente de mar”. De feito dende a organización lamentan o pouco aforo do Multiúsos que se queda pequeno para acoller ao público que lle gustaría asistir a estas actuación. Están xa pensando en trasladar a data do evento a maio ou xuño para poder así facer o festival ao aire libre. A entrada é de balde pero compre retirar as invitacións previamente no propio multiúsos o sábado a partir das 19:00 horas.