Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música en vivo, actividades infantís e descontos de ata o 80% na Feira de Oportunidades

RR_Noticias

Unha intensa programacióna que se vai vivir esta fin de semana na Alameda de Redondela co gallo da celebración a VII feira de Oportunidades do comercio local. Ademais dos importantes descontos que ofrecerán os comerciantes, todo o público poderá gozar dunha intensa programación organizada dende a Asociación de empresarios na que inclúen actuacións musicais, gardería infantil, obradoiros e degustación solidarias coa ONG Damán en horario ininterrompido o sábado de 10:00h a 22:00h e o domingo de 11:00h a 21:00h.

Unha das principais novidades da programación presentada son as actuación musicais en directo da man de Cherry Sweet, o sábado, tres voces galegas acompañadas de guitarra/baixo que farán un repaso de grandes cancións de todos os tempos co seu característico son e elegancia. Será o sábado 16 ás 20:00h e as 21:00h. O domingo 17, o artista invitado é Martín Maez cun concerto de música pop en formato acústico. Acompañado á guitarra por Jonathan Caramés, farán un repaso por diferentes xeracións de cancións da música pop en castelán, intercaladas cos temas incluídos dentro do seu EPdebut “Secretos perdidos”. Os pases da actuación do domingo 17 están previstos para ás 18:00h, 19:00h e 20:00 h. A Feira contará cunha zona de gardería infantil, cun novo formato, na que os pais poderán deixar os nenos mentres realizan as súas compras, e tamén para os máis pequenos e atrevidos distintas zonas de xogos con actividades como: touro mecánico, pista americana, xogos xigantes, casetas de feira. Tamén se contarán con interesantes talleres, destacando a organización un obradoiro de personalización de bolsas para que os pequenos poidan levar as compras nunha bolsa única e personalizada. Os horarios dos talleres darán comenzo ás 12:00 e ás 18:00h E outra novidade solidaria que a organización achega a esta feira é a colaboración co proxecto de apoio ao terceiro mundo desenvolvido pola ONG DAMAN a través de tickets solidarios de desgustación que estarán a venda por 2€ en todos os postos e incluso a clientela poderá ser agasallada con tickets solidarios gratuítos por compras mínimas. Cos tickets solidarios poderemos degustar flocos de millo ou elixir entre as propostas consumicións dispoñibles no stand da ONG DAMAN: zumes, chocolates, doces, etc. O Carriño solidario de flocos de millo estará na entrada da Feira ao pe da zona de Gardaría. Por primeira vez contarase con vehículos de ocasión na feira e se incorporan novas actividades con innovadores produtos no eido da eficiencia enerxética e as novas tecnoloxías. A importante oferta de moda, complementos, calzado, fogar, decoración, agasallos, xardinería e incluso viaxes, a variedade de produtos que se concentrará este fin de semana na Alameda espera atraer a un importante número de visitantes que se acheguen a Vila para gozar dunha forma diferente de ir de compras  

JUlia Alonso Asociación de Empresarios
Unha ampla oferta comercial
Descontos de ata un 80%
Cada establecemento decide a rebaixa que aplica nos seus produtos
Actividades para os máis pequenos
Obradoiros xogos e gardería infantil
Colaboración con Daman
Quérese potenciar tamén o carácter solidario do evento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará