Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alejandro Costa: “Unha senda verde entre Vigo e Pontevedra sería rendible a nivel económico e social”

RR_Noticias

A Golpe de Pedal é un dos colectivos que organiza diferentes actos co gallo da Semana Europea da Mobilidade. Un deses actos vivíase na xornada de onte na que convocaron, xunto con Pedaladas e o Colectivo Salinas do Ulló, unha marcha para reclamar a creación dunha senda peonil-ciclista entre Vigo e Pontevedra sobre as vías do tren actualmente en desuso. Ciclistas e familias enteiras participaron desta iniciativa que busca chamar a atención das administracións e de ADIF para que se cree este paseo.

Alejandro Costa, de A Golpe de Pedal insiste nos beneficios económicos pero tamén sociais que suporía vertebrar e comunicar as cidades de Vigo e Pontevedra cunha senda de uso para ciclistas e peóns. Un xeito de aproveitar un trazado viario que leva en desuso máis de cinco anos. De feito, malia que Adif mantén que a esta infraestrutura se lle vai dar un futuro uso, Costa é tallante “temos claro que esas vías non se van volver usar”. Por ese motivo propoñen que se poñan en marcha proxectos que xa están funcionando noutras localidades “preto de nós en Vilagarcía ou mesmo entre Santiago e Cerceda, onde se está a dar un aproveitamento ás antigas vías de tren que como estas estaban completamente abandonadas e cheas de maleza”. Un proxecto que no caso de Soutomaior e Vilaboa conta con apoio veciñal e institucional, de feito foron numerosos os cargos políticos que onte se sumaron a marcha tanto a pé como en bicicleta que partía dende Arcade. Sen embargo, no caso de Redondela o debate está sobre a mesa. Os veciños reclaman a recuperación destes terreos pero as propostas son diversas. Mentres hai quen aposta pola senda verde dende a Asociación de Veciños de Chapela reclámase un tren de proximidade.  

Alejandro Costa A Golpe de Pedal
Explica os motivos que os levaron a sair a rúa
Discrepancias en Redondela
Non entende que haxa voces que non apoien este proxecto
Proxectos xa funcionando
Noutras localidades puxéronse en marcha proxectos semellantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará