Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco perde ante o Arosa cun xogador menos

RR_Noticias

A expulsión de Javi por dobre amarela no minuto 38 deixou tocado ao conxunto local que non foi quen de imporse a un Arousa que pelexou dende o minuto un pola primeira vitoria da tempada. Os locais perdían por tres a cero. Mellor sorte correu o filial que gañou ao Louro por dous a cero e vitoria tamén para o Chapela fronte ao Pereiró.

Malia que durante o primeiro tempo os de Marcos Montes conseguiron aguantar, no minuto 53 Sylla abría o marcador para os arousáns que completaría seis minutos despois Javi Pazos. O marcador o pechaba Sergio Santos no minuto 68. A vindeira semana o Choco recibe en Santa Mariña ao segundo da categoría o Alondras.
Choco B- Louro (2-0)
Vitoria para os locais esta semana na casa. Son segundos da Segunda Autonómica e próxima semana viaxan a Tomiño para enfrontarse ao Goián, que tentará levarse os tres puntos na casa logo do empate desta semana fronte ao Castrelos.
Chapela -Pereiró (2-0)
Aos locais lle bastou a primeira parte do encontro para levarse a vitoria fronte ao Pereiró. Dous tantos de Xandro e Cabanas deixan ao Chapela na terceira posición empatado a seis puntos co Godomar que encabeza a categoría, xunto ao Lavadores. A próxima xornada visitan o campo do Alcabre que é sétimo.
Nespereira – Peñasco (2-2)
Partido moi igualado o disputado entre o Nespereira e o Peñasco. Os de Pazos de Borbén foron os primeiros en abrir o marcador cun tanto de Pisco, pero os visitantes dábanlle a volta ao partido con dous tantos de Rubén e Borja. Os xogadores do Nespereira conseguían igualar o marcador cun lanzamento de Cristian. Así as cousas, o Nespereira queda no posto décimo primeiro e esta semana terá que preparar un partido complicado fronte ao Lavadores, segundo e que chegan logo de imporse ao Coia esta xornada.
Arcade- Noalla (5-1)
Moi superiores foron os xogadores de Arcade ao conxunto de Noalla. Vitoria que os deixa no segundo posto empatados a puntos xunto ao Vilaboa. A vindeira semana visitan o campo do Bamio noveno do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará