A Concellería de Medio Ambiente convoca aos veciños a unha charla que terá lugar este xoves ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira na que se falará da elaboración de abono orgánico e se informará e repartirán composteiros a aqueles veciños que así o solicitaron. Dende o concello informan que aínda quedan composteiros dispoñibles. Os interesados deben solicitalos no departamento de Medio Ambiente, no 986 400300 ou no enderezo electrónico medioambiente@redondela.gal
Para poder obter un destes composteiros será preciso cumprir unha serie de requisitos: asistencia á charla informativa sobre o uso dos mesmos, estar empadroado e con residencia en Redondela e anotarse previamente. Dende o departamento animan aos veciños a sumarse a unha iniciativa que busca diminuír o número de residuos que acaban no colector verde, unha medida que ademais de ser positiva para o medio ambiente suporía reducir o número de toneladas que anualmente acaban en Sogama e o investimento que o concello dedica ao seu trasporte e tratamento.