Na división de honra prata femininia vitoria para a SAR Rodavigo por 33-18 ante la Cistérniga e derrota do Chapela que caía 23-27 ante o Gijón. Tamén desiguais resultados na primeira nacional masculina con derrota para a SAR Plastic Omnium ante o Rasoeiro por 33-34 e vitoria para o Chapela na súa visita ao campo do Teucro por 23-30.
A Sar Rodavigo amosou ante a súa afección un estado de forma inmellorable ao vencer 33-18 ao seu rival, as xogadoras de La Cistérniga. Malia que na primeira parte o partido estivo notablemente igualado, na segunda metade as redondelás non perdoaron e foron ampliando a distancia coas súas rivais at chegar ao final do encontro cunha vantaxe de 15 goles.
Derrota para o Chapela que xogaba na casa e caía por 23-27 ante o Gijón. Situado na parte baixa da clasificación o equipo visita o domingo 1 de outubro o campo do Asmubal Meaño.
Pola súa banda a Sar Rodavigo xoga na vindeira semana no campo do Camargo.
Iª Nacional masculina
A SAR Plastico Omnium caeu pola mínima ante o Calmear Rasoeiro que logrou a súa primeira vitoria da tempada nun encontro disputado en Redondela. Un partido que rematou cun marcado de 33-34 a favor dos visitantes. O equipo redondelán non suma ningún punto no que vai de competición e tentará a vindeira semana facerse forte no derbi que o levará ata o Porriño, pechacancelas do grupo.
Mellor lle foron as cousas ao Chapela que logrou arrebatarlle o partido ao Teucro nun encontro disputado en Pontevedra e que rematou co resultado de 25-30. O Chapela sitúase na quinta praza da categoría e recibe na vindeira semana ao Octavio.