Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As escolas infantís quedan sen galegofalantes en Redondela

RR_Noticias

Así o reflicten as enquisas lingüísticas nas escolas infantís de Redondela que indican que só un 29% das familias queren educar as súas crianzas en galego, fronte un 71% que opta polo castelán. Especialmente preocupante é o caso da escola da Marisma, no casco urbano, onde só o 15% das familias escolleron a lingua galega. Os datos desagregados apuntan un mellor dato nas escolas de Ventosela e San Pedro en Cesantes, nas que hai empate entre as dúas linguas.

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela a través do seu técnico Xurxo Martínez amosa a súa preocupación ante estes datos negativos. Un resultado que reflicte o proceso de substitución lingüística por mor do abandono do galego. Reverter este proceso pasa necesariamente por implementar, dende a Xunta de Galicia, políticas lingüísticas que favorezan o uso do galego en todos os ámbitos e tamén na escola. Neste sentido apunta Martínez que sería necesario facer unha revisión crítica do decreto do plurilingüismo que establece, entre outras cuestións, que a lingua vehicular en educación infantil é elixida mediante unha consulta aos pais e nais. Uns proxenitores que maioritariamente están a elixir o castelán en detrimento do galego.   Lembra tamén que se dan situacións paradoxais como que en Galicia “haxa máis material didáctico en inglés que en galego”. Fan fincapé tamén dende o Servizo de Normalización que é necesario actuar noutras esferas máis aló do ensino “é responsabilidade de todos deter ese proceso de substitución do galego”. Como dato positivo apunta que moitos dos rapaces e rapazas que son educados en galego nos seus primeiros anos de vida, malia deixar este idioma a favor do castelán ao seren escolarizados, en moitos casos regresan ao galego a partir dos 16 anos.  

Xurxo Martínez Normalización Lingüística
Uns datos preocupantes
Políticas lingüísticas
Necesario corrixir as políticas para deter o retroceso do idioma
Compromiso das familias
Cómpre tamén que as familias se comprometan co idioma

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará