Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG esixe a eliminación do tráfico pesado en Chapela

RR_Noticias

As obras que se están a realizar nun treito da Avenida de Vigo en Chapela, con ampliación de beirarrúas e renovación de diferentes servizos atópanse, ao entender do BNG, cun importante obstáculo “tanto na súa concepción como na propia execución: a eliminación do tráfico pesado”. Consideran que calquera plan de humanización da zona “debe levar aparellada a supresión dos camións que diariamente circulan por un treito urbano densaente poboado”.

Os datos que manexa o Bloque fala de máis dun cento de vehículos de grande tonelaxe que diariamente circulan pola Avenida de Vigo, rúa que cruza a parroquia de Chapela e cuxas obras de remodelación se prolongarán a ta o verán do vindeiro ano.Máis aló da ampliación das beirarrúas entenden os nacionalistas que “para falar realmente de recuperar espazos para a cidadanía esiximos a eliminación do tráfico pesado desta zona densamente poboada, onde ademais dunha intensa actividade comercial, sitúase o Mercado e a Alameda de Chapela”
Engade o nacionalistas Xoán Carlos González que “a humanización da Avenida de Vigo debe pasar por desviar todo o tráfico de camións polos terreos nos que se sitúan Pescanova e Aucosa, para que teñan saída polo Alto da Encarnación. Deste xeito melloraríase notabelmente a seguridade viaria neste espazo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará