O acto inaugural terá lugar este luns ás 19:30 no no Multiúsos da Xunqueira, da man do fotógrafo Xurxo Lobato, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira e o alcalde Javier Bas. Unha exposición que traza a través das fotografías en gran formato de Xurxo Lobato a traxectoria vital e emocional de Rosalía de Castro. Fai a través das imaxes un percorrido polas primeira etapas vitais da escritora cun papel destacado para Santiago de Compostela lugar no que a poeta naceu no 1837.
Pódese ver nesta exposición imaxes que recollen dende a pía bautismal na que foi bautizada así como diferentes rúas nas que viviu ou que están vinculadas a Rosalía por diferentes motivos. A principal finalidade desta iniciativa é transmitir ao público o coñecemento dunha das figuras claves das letras galegas.