Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O luns do Cristo e o xoves da Coca repiten como festivos locais no 2018

RR_Noticias

Un ano máis non houbo unanimidade na elección dos dous festivos locais para o vindeiro ano, xa que tanto AER como BNG e o edil non adscrito apoiaron unha proposta alternativa que defendía como festivo local o Martes de entroido na vez do luns do Cristo. Con todo o acordo entre PP e PSOE neste asunto fixo posible que saíra adiante a proposta do goberno municipal que mantén como festivos o luns do Cristo, que se celebra o 9 de abril e o Xoves da Coca, que no 2018 cae no 31 de Maio.

Non houbo discusión en canto á festividade do Xoves da Coca, non así no caso do Luns do Cristo que non contou co apoio nin do edil non adscrito Enrique Fojo nin dos nacionalistas nin da Agrupación de Electores. Este últimos presentaron un ano máis un festivo alternativo: o Martes de entroido. Ao entender de AER o masivo seguimento desta celebración en Redondela nunha xornada onde se contan por centos o número de veciños que participan durante todo o día das tradicionais comidas do carnaval así como das diferentes actividades que se organizan por parte de Cultura, xustificaría trasladar a esa data o festivo local. Tampouco o BNG coincidiu cos populares pero nesta ocasión apoiaron a proposta de AER ao coincidir xa en festivo no vindeiro ano o 24 de xuño data na que se conmemora a noite de San Xoán. Con todos, non foron apoios suficientes o que mantén o festivo local no Luns do Cristo. Dende o PSOE defenderon esta proposta atendendo a que practicamente “o martes de entroido xa é medio festivo en Redondela e manter un luns non laboral favorece aos veciños que poden así gozar dunha ponte”. Pola súa banda dende o PP apelaron a tradición para manter estes festivos.  

Xoán Carlos González BNG
Os nacinoalistas defenden datas alternativas sen carácter relixioso
Noa Cano AER
Defenden que o festivo local sexa o Martes de Entroido
Eduardo Reguera PSOE
Defende o Luns do Cristo por facilitar aos traballadores gozar dunha ponte
Carmen Amoedo PP
Os populares apelan á trdición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará