Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colectivos sociais e partidos políticos reclaman que se restitúa a exposición do Colectivo Republicano

RR_Noticias

O Colectivo republicano anuncia que porán en marcha outras medidas no caso de que non se atenda a súa petición que pasa porque o alcalde Javier Bas dea unha explicación por escrito dos motivos polos que ordenou a retirada da exposición “Criminalización do pensamento” e esixe que a mostra se restitúa ao seu lugar de xeito inmediato. A Policía anuncia que “están estudando as responsabilidades penais nas que puidera incorrer a persoas ou colectivo que realizou dita exposición nun edificio público” e aplauden a actuación do goberno do PP por proceder a súa retirada xa que ao seu entender “a mostra incitaba ao odio”.

A retirada da exposición Criminalización do Pensamento levou onte a numerosos colectivos e a totalidade dos grupos da oposición en Redondela (PSOE, AER, BNG e Podemos) a poñerse a disposición do Colectivo Republicano para adoptar aquelas medidas que consideren oportunas ante o que entenden un atentado contra a liberdade de expresión. “A razón argumentada polos secuestradores da exposición- na que se recollían fotografías de cargas policiais contras as mulleres que traballaban en Regojo no 1987 ou dos últimos fusilamentos do franquismo entre eles o deo vigués Humberto Baena- é que podería xerar odio contra a policía cando a verdadeira razón da exposición era reflectir a presión continuada do estado español sobre o pobo”. Así o explicaba o presidente do Colectivo, Xosé Antonio Leirós, quen insistía na idea de que “sen liberdade de expresión non hai democracia”. Todos os partidos da oposición amosaron o seu apoio ao Colectivo Republicano. Dende o PSOE lembraban que a retirada da mostra levouse a cabo de xeito unilateral e sen nin sequera diálogo previo mentres dende AER aseguraban estar cos afectados “ao 100%”. Máis aló ía o representante do BNG, Anxo Lusquiños que ademais de sumarse ás demandas do Colectivo para que a exposición volva ao Multiúsos “que é un espazo público e non a casa do PP” facía un chamamento ao restos dos grupos políticos “o goberno adopta a medida porque está gobernando e o fan en minoría isto debería facernos reflexionar ao resto dos grupos da oposición”. O Cïrculo de Podemos en Redondela estaba tamén presente na convocatoria así como as Marchas da Dignidade ou representantes de Xente Titiriteira quen insistían na idade de que “a cultura está baseada na liberdade de expresión, sen ela non pode existir cultura”. Do mesmo xeito manifestábanse dende o colectivo Alén Nós. Dende o sindicato CUT, Berto Covelo apuntaba tamén na súa intervención que a retirada da exposición “é un tema de represión claro, aínda que non houbera golpes” e instaba ao Colectivo Republicano a adoptar outro tipo de medidas. Uns apoios que o Colectivo agradeceu e anunciou que no caso de non recibir unha resposta positiva as súas demandas teñen en mente a realización doutras medidas e actos reivindicativos “que anunciaremos chegado o momento”. Policía E mentres o Colectivo republicano atopa apoios na oposición e noutros colectivos sociais, a Unión Federal de Policía saía onte en defensa da medida do goberno do PP. Entenden que as imaxes da policía cargando en diferentes manifestación fomentan o odio cara este corpo e aseguran ademais que están estudando as responsabilidades penais nas que puidera incorrer a persoa ou colectivo que realizou esta exposición nun edificio público”.  

Xosé Antonio Leirós Colectivo Republicano
Esixe que se repoña a exposición
BNG
Anxo Lusquiños trasladaba o apoio dos nacinalistas ao colectivo republicano
Podemos
O círculo de Podemos de Redondela comparte tamén o posicionamento do colectivo
Marchas da Dignidade
Un colectivo de colectivos
Xente Titiriteira
Sen liberdade de expresión non pode haber cultura
CUT
Un tema de represión claro aínda que non houbera golpes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará