Unha traxicomedia na que non faltará a música para achegarnos a unha vila que só existe na memoria. Celso Parada é o encargado de dirixir este espectáculo a partir do texto de Arístides Vargas que se poderá ver o sábado 7 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira dentro do programa do Outonoteatro que organiza a Concellería de Cultura. As entradas están xa a venda e pódense adquirir a un prezo de 7 euros público en xeral, 3€ entrada reducida.
Un texto poético e cheo de humor que nos fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerra, o exilio e o desarraigo tan presente no noso tempo. Unha obra que poñen en escena Josi Lage, Mundo Vallalustre, Pablo Costas e o propio director, Celso Parada, encargado tamén de interpretan un dos tantos personaxes que poboan esta vila imaxinaria.