Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Urbanismo tramita 160 denuncias por fincas sen limpar

RR_Noticias

O Departamento de Urbanismo leva realizadas máis de 700 notificacións ás persoas que puidesen ter terreos en situación de risco, é dicir a aqueles que non cumpren a normativa que establece que se debe manter limpas as leiras de masa vexetal a 30 metros das vivendas co obxecto de protexelas no caso de incendios forestais. Ademais só no que levamos do ano 2017 tramitáronse por este departamento máis de 160 denuncias, igualando xa o número das que se tramitaron en todo o ano 2016.

Ademais co fin de evitar que se repitan os incendios acontecidos nos últimos anos e se garanta a seguridade nas vivendas e instalacións próximas, dende o Departamento de Medioambiente estase a levar a cabo a realización dunha franxa de protección, informando as persoas propietarias de terreos da obriga e necesidade de manter unha franxa de 50 metros limpa de masa vexetal así como 30 metros respecto o parámetro das vivendas, libres de eucaliptos, piñeiros ou acacias e substituílas por frondosas outóctonas como castiñeiros, carballos, nogueiras, avelairas, etc.
Tamén se está a facer un seguimento daqueles terreos pertencentes ás múltiples infraestruturas e servizos radicados no termo municipal, como son as estradas provinciais, autonómicas e nacionais, AP9, a rede ferroviaria e rede eléctrica reclamándolles  a todos estes organismos que manteñan as súas propiedades dentro no Concello de Redondela en óptimas condicións de limpeza.
Finalmente, tamén se está en contacto permanente cos representantes da Consellería de Medio Rural ao efecto de que realicen o control nas zonas que son da súa competencia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará