Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón prepárase para acoller o obradoiro poético “Con barqueira e remador”

RR_Noticias

Seis poetas procedentes de diferentes puntos de Europa, pero tamén de China e o Brasil serán os protagonistas deste evento cultural coordinado pola poeta galega Yolanda Castaño. Ademais do traballo de tradución que os participantes realizarán na Illa do 16 ao 21 de outubro, o obradoiro complétase con citas poéticas en Vigo, Pontevedra e Redondela, cuxa Casa da Cultura acollerá o venres 20 ás 20:00 horas un recital multilingüe.

A Illa de San Simón volverá ser escenario do obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con Barqueira e remador”. Nesta sexta edición os poetas convidados, son a brasileira de orixes italianas, Francesca Cricelli, a finesa Rita Dahl, Hu Xudong procedente de China e o croata Tomica Bajsic. Tamén representación das letras asturianas con Antón García e o galego Estevo Creus. Dende o 16 ao 22 de outubro convivirán na Illa compartindo os seus textos e traducindo aos seu propio idioma os versos dos seus compañeiros. Como novidade desta edición salientaba a coordinadora do taller, Yolanda Castaño, que a lingua vehicular e que permitirá a comunicación entre todos os participantes será o portugués. “A lingua ponte que empregamos nestes 5 anos foi o inglés pero o noso obxectivo era chegar a empregar outro idioma salto que damos nesta edición coa nosa lingua irmá, o portugués”. No acto de presentación estivo presente o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, a poeta  e a directora do instituto Camões Carla Sofía. En representación do Concello de Redondela asistiron ao acto a edil de cultura Teresa París e o alcalde Javier Bas, quen salientou o implicación das diversas administración “un exemplo de colaboración en proxectos que nos unen”.  

Yolanda Castaño coordinadora e poeta
Un programa con seis poetas de diversa procedencia
O portugués como lingua vehicular
O inglés non será este ano a lingua ponte
Recital na Casa da Cultura
O venres 20

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará