A Sociedade Cultural do Viso organiza o domingo 15 ás 12:00 horas un concerto con violíns e pandeiretas encadrado no seu programa anual de pequenos actos na Antiga Sociedade de Agricultores do Viso. O evento contará coas pandereteiras de Cidadelle e o grupo de violíns de Saxamonde.
Unha actividade de carácter familiar que se achega nesta ocasión á un instrumento de corda, o violín e a tradicional pandeireta, co que se pretende que sobre todo os máis cativos coñezan e gocen das posibilidades musicais destes instrumentos. Cotarase coas Pandereteiras de Cidadelle máis coa presenza a continuación do Grupo de Violíns de Saxamonde. O concerto é aberto a tódolos públicos e ven encadrado dentro do Convenio Interparroquial da Concellería de Cultura.