Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior investiga a procedencia de vertidos ilegais no rural

RR_Noticias

Os servizos de limpeza municipais alertaron sobre o continuo abandono de cascallos, restos de obras e colchóns en diferentes puntos do concello. A Policía Local de Soutomaior investiga a procedencia destes depósitos de lixo por tratarse duna práctica ilegal, que pode resultar perigosa e moi custosa.

A concellaría de Medio Ambiente de Soutomaior pretende acabar coa proliferación de residuos incontrolados na rede de colectores do municipio detectada nas últimas semanas, nas que apareceron grandes cantidades de restos de obras, cascallos, e mobiliario de gran volume.
O concelleiro de medio ambiente, Ramón Fernández, afirmou que as denuncias contabilizadas sobre este tema aumentaron nas últimas semanas, especialmente no Barrio do Conde, onde os veciños localizan frecuentemente restos de obras e aparellos de gran volume. O edil, destacou que ademais de ilegal, esta práctica pode resultar moi perigosa e custosa xa que “habitualmente tentan esconder os restos no fondo dos colectores, o que pode ocasionar grandes avarías no sistema automático de recollida se non se detecta a tempo”.
Para erradicar esta práctica, a Policía Local de Soutomaior xa está a investigar a procedencia de cada un dos depósitos de lixo nos que se acharon durante os últimos días diferentes restos de obras, cascallos e grandes bloques de cemento. Ademais, e como tamén se detectaron grandes cantidades de restos orgánicos procedentes de pódaa e o coidado do xardín nas últimas semanas, o Concello intensificará a súa campaña de concienciación sobre reciclaxe e repartirá máis composteiras, que estarán a disposición de todos os veciños que o soliciten e non os recibiron anteriormente.
Desde a concellaría tamén sinalan o alarmante número de colchóns abandonados nos últimos días en varios puntos do municipio, normalmente de difícil acceso, e que serán sometidos a vixilancia para evitar a reincidencia.
Do mesmo xeito, lembran a existencia dun servizo gratuíto de recollida de voluminosos a disposición de todos os veciños no teléfono 986 40 80 34.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará