O Concello de Redondela organiza dúas actividades orientadas a públicos diversos para a tarde noite do vindeiro 31 de outubro. A primeira en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso terá lugar no multiusos ás 18:00 horas, unha tarde de maxia orientada a rapaces a partir de seis anos. As 21:00 horas os que se inscriban previamente na Oficina de Turismo poderán participar dun roteiro que os levará a coñecer o cemiterios dos Eidos.
As actividades arrancarán ás 18:00 horas no Multiúsos cun espectáculo de maxia a cargo da maga Leo Leíño, cunha proposta organizada polas Bibliotecas en Colaboración coa Fundación Filomena Rivero, orientada a nenos e nenas a partir de seis anos no Auditorio.
Xa pola noite e co obxecto de dar a coñecer o Cemiterio dos Eido, dende a Concellería de Turismo organízase un roteiro a este espazo no que se explicarán todos os elementos a destacar e se falará dos personaxes históricos que se atopan alí soterrados. Un roteiro cun máximo de 25 persoas no que cómpre inscrición previa na oficina de turismo ou no teléfono 986401713.