Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Serán solidario na Casa do Pobo de Moreira a favor das familias que perderon a súa casa polo lume

RR_Noticias

Os membros da Asociación Tralovalo de Moreira saben o que é loitar contra o lume. Moitos dos seus integrantes residen nas zonas máis afectadas polos incendios de hai dez días en Soutomaior. Son veciños dos lugares que se viron arrasados polas lapas e cuxas viviendas en moitos casos perigaron. Con todo, o peor levárono aqueles que viron as súas propiedade calcinadas polas lapas. É o caso das familias de Elena e Harry de Ponte Caldelas e Xan Carlos (Moreno) e Violeta de Fornelos.

Vinculados coa Asociación por ser familia de músicos, os membros de Tralovalo decidiron poñer en marcha esta iniciativa solidaria. Charo Bouzón, a súa presidenta, explica que as súas necesidades básicas como roupa ou outros enseres están cubertas grazas á solidariedade de moitos “pero pensamos que para retomar as súas vidas necesitan tamén de cartos en efectivo, por iso todo o que recademos o vindeiro sábado coa venda de rifas e de bebidas se lles entregará a estas dúas familias”. A cita será a partir das 21:30 horas na Casa do Pobo de Moreira, casa que de feito salvouse in extremis malia que o lume chegou a rodela queimando boa parte da carballeira da contorna. Dende a Asociación convidan a participar deste serán solidarios que contará coa música tradicional propia destes eventos pero que nesta ocasión tamén incluirá a colaboración de músicos tan variados como os mariachis ou calquera que queira participar.  

Charo Bouzón Tralovalo
Dúas familias que perderon as sáus viviendas
Serán solidario
A cita será o sábado ás 21:30 horas
Lume en Soutomaior
Cortellas Aranza e Moreira foron as zonas máis afectadas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará