Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de fortalecemento do movemento asociativo feminista no Multiúsos

RR_Noticias

O Multiúsos de Redondela acolle este sábado 28 unha “Xornada de Coaching para o fortalecemento do movemento asociativo feminista”. A actividade desenvolverase en horario de 10:00 da mañá ás 14:00 horas e contará coa intervención da axente de Igualdade Susana Franco Diz e a secretaria da rede galega pola Igualdade, Ana Collazo Carreira. Inscrición na páxina web http://redegalegapolaigualdade.com

A rede galega pola Igualdade organizan este sábado en Redondela unha xornada cunha duración de catro horas na que se abordarán diferentes cuestión vencelladas co fortalecemento do movemento asociativo feminino. Falarase do coaching que está amosando nas últimas décadas, ser unha ferramenta metodolóxica moi eficaz na superación de retos e consecución de obxectivos, tanto a nivel persoal, como empresarial ou de equipos. A xornada vai dirixida a persoas que busquen fortalecer a súa cohesión interna dentro do equipo, explorar os valores comúns que as unen e os seus obxectivos, descubrir os talentos e habilidades persoais que poden aportar dentro do grupo así como elaborar un plan de acción. Preténdese tomar conciencia do seu valor como movemento asociativo, dos seus retos comúns cara ao futuro, dos obstáculos cos que se poden topar e dos recursos internos e externos cos que poden contar para a consecución dos seus obxectivos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará