Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en Soutomaior en defensa da Sanidade pública do concello

RR_Noticias

A fatal de médicos, con tan só dous no centro de saúde de Arcade, provoca que o servizo de colapse de xeito continuo, provocando esperan de varias horas e atrasos nas citas. Unha situación que se agrava co servizo de pediatría “que aparece e desaparece sen aviso ao non cubrir o Sergas non cubre as baixas nin as vacacións”. Motivos estes que levan ao BNG a convocar unha concentración, apoiada pola plataforma SOS sanidade Pública e por CIG saúde, para este domingo ás 12.30 horas na alameda de Talo Río.

Unhas carencias que segundo denuncian dende o Bloque os veciños están a soportar dende hai anos. Carencias que se concretan nunha falta de médicos no concello que fai que o servizo colapse de xeito continuo, provocando esperas de varias horas e retrasos nas citas. “A gravidade da situación puido comprobarse hai escasos días, nos que este colapso provocou que o centro de saúde de Arcade quedase sen ningún médico xa que o único que había tivo que saír a atender unha urxencia”. Os problemas agrávanse co servizo de pediatría, que tal e como denuncian os veciños e os representantes do BNG “aparece e desaparece sen aviso algún xa que o SERGAS non cubre as baixas nin as vacacións”; o que obriga aos nenos de Soutomaior a ter que desprazarse a outros municipios para ser atendidos. Como exemplo da situación deste servizo explican que os médicos teñen que atender ata a 65 pacientes por día e que “mentres en Soutomaior con 7.400 habitantes hai só dous médicos e medio no veciño concello de Vilaboa con 6.000 habitantes hai catro médicos”. O portavoz do BNG en Soutomaior Manu Lourenzo sinalou que “intentámolo todo para solucionar esta situación, dende mocións no pleno, a propostas de modificación dos orzamentos da Xunta, e mesmo con iniciativas no parlamento galego que acadaron o apoio de todos os grupos menos o PP” motivo polo que agora deciden dar un paso máis e convocar este concentración para o domingo.  

Manu Lourenzo BNG
Explica os motivos que os levan convocar a protesta
Unha concentración en Talo Río
A protesta conta co apoio de SOS Sanidade pública

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará