Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla en torno á corrente literaria do Ciberpunk co escritor Felix Carreira Viso

RR_Noticias

O escritor coruñés participa hoxe venres nunha charla literaria organizada polas Bibliotecas de Redondela e Pazos de Borbén. Un acto no que o escritor introducirá aos asistentes na corrente literaria do ciberpunk, subxénero literario onde se enmarcan as súas dúas recentes novelas: 850 aniversario e Lágrimas de neón.

Baixo o título “España cyborg: a novela cyberpunk” Felix Carreira falará dun subxénero de ciencia ficción moi de actualidade grazas a películas como a recentemente estreada Blade Runner 2049. En concreto o ciberpunk coñécese por reflectir visións distópicas do futuro, onde a ciencia, e particularmente, a cibernética, adoitan provocar algún tipo de cambio de paradigma social que se reflicte nunha sociedade en crise. Un acto programado dentro das actividades colaborativas de animación á lectura que empezaron a organizar conxuntamente as Bibliotecas municipais de Redondela e a Biblioteca de Pazos de Borbén durante este ano 2017. Nesta ocasión tamén colabora activamente a Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela. Ás 20:00 horas na Casa da Cultura.  

Mª Elena Becerra Biblioteca
A novela ciberpunk

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará