O Concello de Redondela ven de asinar o Convenio de Colaboración coa Asociación Española contra o cancro polo que se lle conceden 3.000 euros para a labor que esta asociación desempeña no municipio. Esta Asociación ten coma fin a loita contra o cancro en todas as modalidades coñecidas que inclúen o desenvolvemento de funcións e actividades de divulgación, prevención, de investigación, de formación e de carácter sanitario ou asistencial.
No municipio de Redondela realizan unha labor de apoio bio-psico-social e prevención a enfermos con cancro e as súas familias con actividades tan importantes coma asistencia técnica e profesional ás familias de enfermos oncolóxicos, proporcionar ás persoas enfermas e as súas familias o adecuado apoio emocional e social e potenciar a creación de grupos de voluntarios que sensibilizados pola loita contra o cancro, participen activamente nos procesos de intervención social que elabora a asociación.