Os feitos tiveron lugar o pasado 1 de xuño cando os clientes do bar frustraban o atraco logo de que o individuo entrada no local da Praza da Constitución armado con dous coitelos e ameazara á camareira esixíndolle que lle dera os cartos da caixa. O atracador, un veciño de Vigo de 55 anos de idade, non logrou o seu obxectivo ao ser reducido por tres clientes que lograron intercéptalo ao saír do local. Agora o xuíz decretou a súa liberdade por padecer unha enfermidade moi grave.
O atracador, Ramon A.T. era xulgado onte e aceptaba a pena de dous anos, un mes e 15 días de prisión. Sen embargo concedéullese a suspensión extraordinaria en base a súa situación médica por padecer unha “enfermidade moi grave”.