Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello oferta 165 prazas dentro do programa de conciliación de Nadal

RR_Noticias

Este programa desenvolverase nun total de 10 parroquias do concello e poden acceder a el nenos e nenas que teñan entre 4 e 14 anos de idade e que se inscriban antes do 24 de novembro. Co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e familiar desenvolverase no período non lectivo do Nadal, durante os días 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018, en horario 9 da mañá a 2 da tarde.
 

A Concellería de Muller e Igualdade, dirixida por Teresa París, organiza o Pograma Municipal de Conciliación 2017-Convocatoria de Nadal, que ten coma obxectivo “promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias do noso concello durante estas vacacións de Nadal e, ao mesmo tempo,ofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións”.Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para nenas e nenos de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de, como mínimo, 1 ano. Para menores con necesidades educativas especiais se avaliará cada solicitude de maneira individual.O Programa desenvolverase durante os días 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018, en horario 9 da mañá a 2 da tarde, nas parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Negros, O Viso, Saxamonde, Ventosela, Vilar de Infesta e nos Multiúsos de Redondela e Chapela.Para poder participar é preciso presentar no Rexistro xeral do Concello de Redondela a ficha de solicitude de participación e documentación, que se pode descargar da páxina web do Concello- www.redondela.gal- ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM).O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns, día 13 de novembro, e remata o venres 24. A listaxe de admitidas/os será publicada o venres 15 de decembro na web do Concello e nas oficinas do Centro de información ás Mulleres.Para máis información, as persoas que o desexen poden dirixirse ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, número 2, ou chamar ao teléfono 986 40 80 43.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará